miércoles, 11 de diciembre de 2013

Historia do atletismo en Galicia no século XIX

O “atletismo” deu inicio en Galicia, dun xeito organizado e serio, en maio do 1913 coa celebración dunha reunión en Vigo de atletismo na que consta a participación de atletas alemáns, ingleses, vigueses, pontevedreses . Pero antes de este acontecemento tivemos en Galicia distintas actividades “pseudo- atléticas” que teñen o seu incio no 1887.

A finais do S.XIX o atletismo era unha actividade física reservada a uns poucos que facían exhibicións da súa resistencia. O nome asignado a estes atletas era “andarín”. Era unha mistura entre atleta, apostante e actividade circense. Había de tres tipos: os que percorrían centos de quilómetros, serían os precursores dos ultramaratonianos de hoxe, outros eran os que facían apostas contra velocípedos, cabalos ou outros atletas e había un tercer grupo que facían unha actuación como se fora dun circo, corrían durante unha hora aproximadamente e chegaban a cobrar entrada. Eles iban de pobo en pobo facendo os seus espectáculos e gañando o pan como podían, pero eran “profesionais”, vivían de correr. Nunha época que non había televisións, nin ordenadores, etc e con moi pouca oferta de espectáculos, os atletas conseguían chamar a atención.

En 1887 é a primeira constancia dun atleta galego: Milicas. Era un rapaz de 14 anos que enfrentouse ao mellor atleta que había en todo o estado: Mariano Bielsa “Chistavín”. Era un atleta aragonés que tiña moita experiencia nas carreiras xa que en Aragón e zonas limítrofes había unhas competicións chamadas “pollaradas” ou “carrera de pollos” bastante habituais. Estas competicións enfrentaban homes contra cabalos ou homes contra homes e estaban moi extendidas por esa zona. A vida deste insigne atleta foi relatada de xeito inmellorábel por 2 escritores aragoneses: Celedonio García e José Antonio Adell.
http://garcia-adell.blogspot.com.es/2009/08/mariano-bielsa-chistavin-de-berbegal-un.html

Chistavín alcanzara fama nacional en 1882 cando derrotou a Bargossi cos xornais chamaban “hombre locomotora”. Nesta ligazón contan momentos da vida Bargossi
http://blogs.lanacion.com.ar/archivoscopio/tag/achilles-bargossi/ Un “andarín” con fama de estar invicto e que fixera moitas apostas contra cabalos, atletas, tren, etc. O enfrontamento entre ambos era agardado como o pode ser agora un combate de boxeo de máximo nivel.

En outubro do 1882 Bargossi, Chistavín e un cabalo compiten na praza de touros de Zaragoza. Saíndo victorioso Chistavín que percorre, segundo os xornais da época , 14.600 m en 43´ (tempos que non son certos). Foron un total de 80 voltas a praza de Zaragoza. Despois da victoria, o recibe o rei que entrégalle 30 duros e o goberandor civil 100 pesetas. Os xornais informan que Bargossi ofreceulle na mitade da proba mil duros por deixarse gañar. Chistavín, aos poucos días, correu con outros tres atletas unha proba de 28 km que segundo os xornais fixo en 1h:40´.
Depois da proba Bargossi buscou a revancha que e para iso apostou 1000 pesetas (Esa cantidade é a que gañaba un mestre polo traballo de todo un ano en 1910) e o beneficio das entradas para quen vencera. Chistavín aceptou e o novo enfrontamento que foi na praza de touros de Madrid onde diante de 3.000 persoas. Na mitade da carreira Chistavín parou e correuse a voz de que fora porque déronlle un pano con cloroformo. Algo que parece falso pero  certo ou non, montouse unha boa liorta entre os partidarios de un e de outro.

A partir dese momento comenza o que os xornais chaman “moda andarina” por todas partes, e esa moda non tardou en chegar a Galicia. No 1887, despois de estar por Arxentina, estaba Chistavín competindo cun cabalo en Ribadeo. Despois de esa carreira marchou a Lugo onde percorreu 8 voltas a muralla (2200 m cada volta, uns 17.600 m en total) en 1h:15. Despois de Lugo marchou a Coruña onde da 150 voltas a praza de María Pita en 70´. O seu modo de actuar en todas as cidades é o mesmo: vai os xornais locais e pedía que fixeran pública a súa presenza e que estaba alí para apostar contra quen quisera enfrentarse a el ( podía ser: a pé, velocípedo ou a cabalo).
Ao chegar a Santiago é cando por primeira vez temos unha competición directa con outro atleta . Se anuncia enfrentamento con "Milicas". (Francisco Calvo y Calvo). Un rapaz de 14 anos que enfrentouse a Chistavín na praza do Hospital de Santiago de Compostela. Así resumía o enfrentamento a “Gaceta de Galicia”.

“De absurdo calificamos tal imprudencia xa que o novo e simpático mozo ten unha constitución delicada e non ten experiencia neste oficio, que Chistavín exerce dende fai tempo. Era pouco menos que imposíbel que aguantara o ritmo imposto por Chistavín.
Os nosos pronósticos cumplíronse. A carreira comenzou ás 15.20. Saiu Chistavín e aos poucos segundos Milicas que ía detrás.
Un inmenso público asistiu ao espectáculo, enchendo a praza e os balcóns do Concello, Hospital, Escola Normal e Catedral.
O pobre rapaz abandonaba cando levaban 22 voltas, facendo 18 minutos e 6 segundos.
Foi conducido diante do señor alcalde, non sabemos o obxeto.
Chistavín continuo correndo até áss 16:32 (72´minutos en total) logrando alcanzar as 71 voltas.
Podemos indicar co círculo nos primeiros momentos debía ter uns 400m pero foise pechando polos espectadores de distintas clases sociais e ao final debía ter 300m.
Chistavín portouse ben, xa que amosar signos de fatiga chegou até os 21000 metros...
Problamente Chistavín compita contra un cabalo este domingo e logo marche para Vilgarcía de Arousa, Carril, Padrón, Pontevedra, Vigo e logo cara Portugal”.

Anunciase como un gran espectáculo uns días máis tarde e produciuse unha nova carreira. Esta vez tivemos enfrentamento co cabalo. Pero finalmente foi contra un cabalo montado por un comerciante, "Milicas" e outro atleta chamado "Churrero". Ante 10.000 persoas.
Ao día seguinte recollía os xornais unha critica ao acontecido.
¿Que un andarín riojano (en realidade era aragonés), exhibe as súas habilidades? Pois xa temos outro galego que “alegreto y molto vivace” percorre un traxecto semellante ao primeiro empregando menos tempo a pesar de ter só 14 anos e outro ser un mozo de trinta e tantos.
Esta mañán vin na Praza do Hospital” un grupo de persoas que rodeando a unha persoa, moi coñecida nesta cidade, que está tendida no chan e queixabase magoante. Preguntei a un municipal e respotou que era unha persoa que estaba ensaiando, para ver se sería capaz de resistir correndo a Chistavín...

Y Chistavín por aquí
y Chistavín por allá
Chistavín el andarín
aquiere celebridad
contagiando a los chiquillos
su manía de trotar
y rascando los bolsillos
de toda la humanidad”

Despois marchou para Pontevedra onde correu durante unha hora na Alameda e propuso unha aposta de botar unha carreira ao tren Vigo- Pontevedra, inagurado uns anos antes. Finalmente non o fixo  porque non había quen quixera apostar. En Vigo correu unha hora no Malecón. Buscou apostas e xente que quisera enfrentarse con el en velocípedo(as bicicletas antigas tiñan unha roda dianteira máis grande) ou a cabalo. Finalmente enfrentouse a un home con carro nun traxecto que iba dende a rúa Alfonso XII de Vigo e a igrexa de Coruxo e regreso(uns 18 km). A aposta foron 125 pesetas. 


                                                               Imaxe de Chistavín.


A seguinte aparición dun andarín por Galicia foi en maio de 1888, medio ano máis tarde da presencia de Chistavín. Era outro o aragonés o que chegou a Galicia o que fai pensar que foi o propio Chistavín o que falara con el da súa experiencia aquí. Na Alameda de Vigo actuou un “andarín” aragonés coñecido como Manuel Navarro “Sevilla”. O espectáculo foi ante numeroso público e logrou dar 153 voltas nunha hora exacta e dicían que percorrera 22.000 m na Alameda de Vigo. Os xornais comentaban co rematar estaba tan fresco como o comenzar. Tamén actuou o seu fillo. Depois bailou unha xota aragonesa coa súa muller pero sen música. Aos 2 días ía a participar nunha proba en Bouzas. No caso “Sevilla” pode verse esa condición circense do espectáculo, primeiro a carreira, logo fan correr o fillo e finalmente a xota.

Sevilla vai a Santiago en compañía dun pallaso. Os carteis anunciaban que era o mellor xa que derrotara na praza de touros de Zaragoza a Bargossi e Chistavín no 1886. Tamén tomou parte do espectáculo o seu fillo de 4 anos que correu 8 ou 10 voltas. No descanso actuou o pallaso Marius e tamén actua Leocadia Vidal, con exercicios ximnásticos e un trapecio sen salvavidas. Tamén bailaron unha xota aragonesa e para amenizar tamén tocaba a banda de música. Tiñan asentos para contemplar o espectáculo e o prezo eran 25 céntinos. Logo marcharon a Coruña onde fixeron un novo espectáculo.

No 1889 volta Chistavín a Galicia e volta a estar en Pontevedra e os xornais falan de que logo marchou cara Cambados.

A moda continua a expandirse e cada vez achéganse máis corredores por Galicia. No 1890 ven o francés Pierre Bernard que fai un espectáculo en Betanzos facendo 60 voltas a praza de Cassola. Este “andarín” era o que facía unha publicidade máis revolucionaria xa que prometeu nun anuncio previo o espectáculo na Praza da Quintana que correría sin fatigarse e aínda máis: “ Beberá, cantará e fumará e non será vencido polo esforzo”.

Por Coruña, no ano 1891, pasou Ángel Cano que correu en María Pita por espacio dunha hora desafiando a cabalos, velocípedos ou outra persoa que atopara polo camiño. A súa exhibición a ía repetir nos Xardíns de Méndez Núñez e intentaría facelo na praza de touros. Cano era outro atleta aragonés.

Nese mesmo ano aparece en Vilagarcía unha serie de actos por unha festa na que había bois embolados que procedían do Barbanza. E logo disto un andarín estivo facendo as delicias do público percorrendo a pista durante bastante tempo. A música alternou nos intermedios.
No 1892 ante numerosa concurrencia participou na Alameda o andarín francés Vicente Clevieres que por espacio de 59´ deu 100 voltas, é dicir un minuto menos do anunciado. Terminou seu compromiso dando saltos mortais nas derradeiras voltas. A compoñente circense estaba en tódolos espectáculos. Tamén participou en Lugo. Vendían as súas actuacións decindo que en Sevilla fixo 6800 m en 11´. 2 Leguas en 21´e que fixera París- Baiona de Francia en 53 horas. A esaxeración era una xeito de vender o producto. En Lugo fixo unha exhibición de 2 voltas a un percorrido pola cidade en 60´.

En 1894 volta a Galicia Pedro Bernard que fixo as delicias na praza Alfonso XII de Santiago, que correu 25 veces en 25´percorrendo, segundo os xornais da época, un total de 2500 m.
Nesa época aparece en Vigo un andarín, que non facilitan o nome, procedente de Ferrol de onde escapou por andar correndo polas rúas.

Em Ourense apareceu o celebre andarín “Pajita” que percorreu o recorrido entre Sintra e Lisboa nunha hora e 40 min. Presenciando neste último punto os reis de Portugal.

No 1896 aparece un tal Bielsa en Padrón, ven da Poboa do Caramiñale vai a Santiago. Onde pretende dar varias funcións e unha tourada. Este Bielsa fai pensar que é distinto a Chistavín porque os xornais nunca o mencionan como “Chistavín”.

A aparición de tanto “andarín” fai que aparezan os primeiros xornais dando consellos. Hai un que é de certo moi  curioso que apareceu en 1897. Neste art.  indicaba como facer exercicio e aconsellaba a respirar polo nariz e non pola boca. É a primeira aparción do “Runners World” da época.

Nese ano os xornais de Pontevedra falan dun incidente na cidade. Sonou unha corneta que fixo alamar a xente. Finalmente demostrouse que era unha persoa que tocaba a corneta para chamar a atención e amosar as súas habilidades de andarín xunto coa súa muller.
A chegada do atletismo e o deporte reglado fixo que acaba con esta profesión que estaba a camiño entre o atletismo e o circo.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario