En 1913 disputouse a primeira reunión atlética en Vigo na que tomaron parte un equipo alemán e outro inglés, ademáis dos atletas locais. Nas 2 primeiras fotos pódense ver os participantes. Os ingleses levan a "Union Jack" no peito, os alemáns levan unha aguia. No fondo aparece unha bandeira cun aguia que representa aos tedescos. Sentado e con pucha aparece Manuel de Castro (artífice da fundación do Celta, da súa sección de atletismo, seleccionador nacional de fútbol, xornalista, directivo e tremendo defensor do atletismo). A última foto foi de un par de anos posterior. Pódese ver ao fondo o monte do Castro, todo un emblema na cidade de Vigo.
O Campo onde se disputou foi o Campo de Coia (cruce rúas Beiramar e Coruña ).
Meu agradecemento persoal a J.Ramón Cabanelas, autor do libro "Vía Vigo". Sen el, non sería posíbel disfrutar destas fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario